Tres feridos o sábado nun choque en Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

Tres persoas resultaron feridas este sábado a última hora da tarde logo de colisionar outros tantos vehículos en Bergondo, na N-VI  ao seu paso pola parroquia de Guísamo, concretamente no punto kilométrico 58. Unha nena pequena e a súa nai, que viaxaban no mesmo vehículo, resultaron feridas. Tamén, outro implicado resultou ferido leve.

Segundo recolle Europa Press, 112 Galicia recibiu a alerta do accidente por parte dun particular ás 19,50 horas. De inmediato, pasou o aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Bergondo e aos Bombeiros de Betanzos.

Advertisements