Unha unidade móbil recollerá doazóns de sangue o día 10 no Campo

Locais hostaleiros na praza do Campo

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación.

Establécese con cada hospital unas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias. Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Betanzos, o luns 10 de abril de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h.

Advertisements