Abegondo ultima a súa XVIII Feira do Queixo

O Concello de Abegondo organiza para o vindeiro domingo 9 de abril a XVIII Feira do Queixo, que terá lugar no campo da feira de San Marcos. Será unha vez máis parada obrigada para productores de distintos puntos do municipio pero tamén do resto da comarca, desenvolverase durante toda a mañá e incluirá un concurso de queixos artesanais.

A entrega dos premios será sobre as 13.30 horas. Unha hora e media antes comezará a cata e degustación dos distintos tipos de queixo artesanal elaborados con leite cru de vaca. Adoitan participar unha ducia de productores. Estes queixos non se elaboran con leite pasteurizada senón que é unha produción totalmente artesanal, ao estilo dos de Arzúa.

Durante a feira, que incluirá unha pulpeira, actuará o grupo de gaitas da Escola Municipal de Música. Esta feira é unha das máis tradicionais e concorridas do municipio. A Asociación de Productores Queseros de Abegondo e Comarca colabora de forma habitual co Concello de Abegondo na organización desta popular e tradicional feira.

Advertisements