Sadamaioría arremete contra comité de empresa e xunta de persoal por pedir a dimisión de Tenreiro

O controvertido banco de San Mamede

Sadamaioría, a marca local de En Marea que goberna Sada, saíu ao paso das manifestacións da xunta de persoal e o comité de empresa do Concello reclamando a dimisión do edil de obras, Miguel Tenreiro, a conta das obras realizadas en San Mamede. Por medio da súa conta oficial na rede social facebook, o partido do alcalde sadense sostén que “uns bancos (retirados por orde do concelleiro de obras) e unha actuación municipal que non xustifica tamaña demanda da fronte sindical”.

“Toda Sada sabe e sabemos as razóns da mesma, que non son, desde logo, a colocación dun banco ou a limpeza duns terreos, e si, pola contra, a situación de parte do persoal municipal derivada da nulidade xudicial dunhas bases selectivas, aprobadas no 2006 co apoio e conformidade de ditos sindicatos” sostén a formación á par que manifesta o “aopoio incondicional ao concelleiro e compañeiro Míchel Tenreiro”.

Os sindicatos advertiron que barallan trasladar á Fiscalía as ordes impartidas por Tenreiro para ubicar un par de bancos na punta de San Mamede sen as autorizacións de Costas e Patrimonio e afectando a un castro.

Advertisements