Axenda do fin de semana

Venres 31 de marzo

Hoxe venres 31 de marzo, Cruz Roja presenta a Memoria de Actividades do año 2016 da Asamblea Comarcal de Cruz Roja Betanzos. Será ás 20.30 horas na sala Xulio Cuns del Edificio Liceo.

Venres, 31 de Marzo dende as 22:30 ata as 1:30 no Café Lanzós, Concerto de Smoke Trío. 

Sábado 1 e domingo 2 de abril. “OULET MATADERO”: Moda, música, gastronomía e os mellores prezos. Coa participación dos seguintes establecementos: A Artesa da Moza Crecha – Aire Betanzos – Bicos Betanzos – Carmita -Carrousel – Chocolat Betanzos – Isi Complementos Betanzos – Lencería Alicia (Betanzos) – Miraquélinda – Optica y Parafarmacia Selgas – Taberna 1931 Betanzos – TrendyBetanzos – Triscos Moda. O Sábado 1 de 11:00 a 21:00 contarán tamén con Dj´s e Música Ambiente e o domingo 2 de 11:00 a 19:00 contarán con Dj´s e Sesión Vermú con “Vacas Flacas” en Directo (13:00 h.)

Sábado 1 de abril.

Concerto didáctico en Sada. A Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá un concerto didáctico infantil a cargo da Banda de Música Municipal o sábado 1 de abril en dous pases. O primeiro terá lugar ás 12:30 horas e o segundo ás 20:00 horas. O concerto didáctico está orientado a aprender a escoitar así como gozar da música. A Banda de Música Municipal busca ademais achegarse ao público máis novo para fomentar o amor pola música.

En Miño, na biblioteca municipal, no centro social da Rúa, 2º andar ás 12 h. contacontos a cargo de Teatro Calavera, “Chocolate” para nenos e nenas entre 4 e 9 anos até un máximo de 40 prazas. A continuación terá lugar un taller de cociña.

Domingo 2 de abril ás 18:30 horas tamén en Sada, contacontos presentación da nova mascota da Biblioteca Municipal, a “Curuxa Catuxa”.

Advertisements