Mirar conTACTO, arte para discapacidade visual” recala no Liceo ata fin de mes

A escalinata principal do Edificio Arquivo ou Liceo

A Fundación María José Jove e a Obra Social La Caixa traen a Betanzos a exposición “Mirar conTACTO, arte para discapacidade visual”, un proxecto expositivo de arte accesible pioneiro é único en Galicia que nace para poder promover a integración das persoas con déficit visual así como cubrir as súas necesidades culturais e servir como ferramenta de sensibilización para o público en xeral.

José Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos, Marta Albela directora de áera CaixaBank, e Marta García-Fajardo, directora da Colección de Arte da Fundación María José Jove presentarán a apertura da devandita obra no edificio Liceo, onde se atopará ata o 30 de abril antes de voltar á sede da Fundación e, logo da súa itinerancia polas catro provincias galegas.

Atoparemos na exposición 6 obras: 2 esculturas de bronce orixinais (“El abrazo” (2003) de Juan Genovés e “Dama del sombrero” (1972) de Cristino Mallo) e 4 cadros que se reproduciron cunha novidosa técnica chamada didú que confire as obras relevos e texturas de ata 6 mm, de xeito que, ademais de ser desfrutadas mediante o sentido da vista, póde

Advertisements