Bergondo aprende á veciñanza a combatir plumachos e velutinas

Bergondo organiza dúas xornadas para informar á cidadanía sobre os métodos máis eficaces para frear a proliferación das dúas principais especies exóticas invasoras: a avispa asiática e o plumacho. Serán mañá e o mércores 5 de abril ás oito da tarde. As charlas correrán a cargo dun biólogo e un apicultor e celebraranse no edificio da Senra e a segunda no local de Guísamo.

Advertisements