Publicado o acordo regulador para os funcionarios betanceiros

O Pazo Municipal de Betanzos

A Consellería de Emprego e Economía Social publicou o pasado venres no Boletín Oficial da Provincia a resolución pola que se inscribe no rexistro o acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Betanzos. O acordo foi subscrito pola mesa de negociación o 20 de xuño de 2016 e ratificado polo pleno o 20 de decembro dese mesmo ano. Este documento regulará as condicións de traballo do persoal e os seus dereitos e obrigacións.

A necesidade dun acordo regulador foi posta en numerosas ocasións sobre a mesa polo persoal de Betanzos, que se viu abocada a realizar a súa actividade en numerosas ocasións nunha situación de caos e sen o preceptivo marco, como admitiron todos os grupos da Corporación.

Advertisements