Paso de xigante do Santo Domingo tras vencer con autoridade a Estudiantes en Lugo

Por 64 a 83 impúxose o Santo Domingo na súa visita a Lugo ante o Estudiantes, o filial do CB Breogán, nunha victoria fundamental que deixa ao conxunto betanceiro a un paso de certificar a permanencia unha tempada máis na Liga EBA. Para o encontro desta 23ª xornada do grupo AB da Liga EBA Diego Fernández contaba coas baixas de Aarón Regueiro e os júnior Juan Miramontes e Roque Gómez.

Moito en xogo para ambos conxuntos neste partido. O Santo Domingo necesitaba manter as distancias co undécimo clasificado, que arrastres de categoría superior podería supoñer posto de descenso, mentres que o Estudantes necesitaba a vitoria para manterse en postos de fase de ascenso a LEB Prata. Así desputouse un primeiro cuarto moi equilibrado, que iniciaba cun 2 1 de Seydou tras dobre rebote ofensivo, aínda que o cadro visitante rápidamente equilibraba con triplo de Rodrigo, mostrando un xogo moi colectivo en ambos lados da pista (6-10 min 5). Os locais, acertados desde o perímetro con dous triplos consecutivos, chegaban a poñerse catro arriba, pero a achega dos xogadores que saían do banquiño equilibraba o marcador (17-17 min 10).

O Santo Domingo comezaba a dominar o partido no segundo cuarto. Sólida defensa, pechándose ben ante os potentes interiores lucenses, e só cedendo unha canastra en xogo nos cinco primeiros minutos deste cuarto, mentres na ofensiva, acerto desde o triplo, con senllas canastras de Vidal e Martín, ata alcanzar un 7 con canastra de Thiam (20-27 min 15). Equilibrio de forzas ata o descanso, cos lucenses entonándose en ataque coa achega de Juzbasic tanto interior como exterior, mentres os nosos conseguían manter a súa vantaxe liderados por Rozas, e forzando varias faltas persoais. Cinco arriba ao intermedio, malia errar algún tiro libre nos instantes finais (30-35 min 20).

Tralo descanso, boa saída do conxunto de Diego Fernández, que seguía moi centrado en defensa, e con dúas canastras íanse ata os nove de vantaxe (30-39 min 22). Os locais optaban por unha zona 2-3, que nos primeiros compases creaba problemas ao equipo betanceiro. Unha acción de contraataque e un 2 1 de Seydou facían que os de Soares puxésense a só dous puntos, pero os nosos conseguían romper a mala dinámica cun triplo de Rozas. Malia isto, o marcador apertábase (42-44 min 25). O Santo Domingo volvía apertar en defensa, e crecía en ataque grazas ao acerto desde o 6,75, con dous triplos de Rodrigo e un de Escobar, escapándose no marcador ata terminar o cuarto cunha vantaxe de doce puntos, nuns minutos de xogo moi bos dos betanceiros (49-61 min 30).

No cuarto final, as diferenzas mantíñanse sempre por encima dos dez puntos, cun Santo Domingo que seguía sumando cunha achega moi variada en ataque, e resultando clave o control de rebote e a defensa ante os pivots de Estudantes (57-72 min 35). Un par de perdas de balón ante a defensa presionante local parecía que podían xerar dúbidas nos nosos, pero o equipo repoñíase rápido, e controlaban os minutos finais sen sobresaltos, vencendo finalmente por unha ampla diferenza, ante un dos conxuntos máis en forma da liga (64-83 min 40).

A próxima xornada o Santo Domingo xogará novamente a domicilio, ante o BVM 2012. O conxunto de Mieres é un dos candidatos a participar na fase de ascenso a LEB Prata, tras sumar catro triunfos consecutivos. O partido disputarase no Complexo Deportivo do Campus Mieres, o sábado 8, ás 18:30 horas. O Santo necesita vencer, ou que o Innova Chef perda ante o xa campión CB Chantada, para certificar o seu permanencia na Liga EBA, con dúas xornadas máis aínda por diante.

Advertisements