Bergondo colocará 285 novos sinais de tráfico

O Concello de Bergondo

O goberno municipal de Bergondo anunciou a próxima instalación dun total de 285 novos sinais para mellorar a seguridade vial nos cruces das estradas do municipio. En concreto, 225 serán de stop; 20, de ceda o paso; e 40, de calzada sen saída.  A iniciativa ten como obxectivo que as intersecciones teñan “maior visibilidade” para que os condutores teñan “máis claro como actuar”. O Concello informou onte de que xa iniciou os trámites de contratación dos traballos con empresas especializadas do sector. O investimento superará os 35 000 euros, segundo indicou onte o Concello.

Advertisements