O goberno local arremete contra o BNG por pedir explicacións sobre as taxas da piscina

Piscina descuberta de Betanzos. Imaxe do web municipal

O goberno local betanceiro, a través do  concelleiro de Deportes, Andrés Hermida, arremeteu contra o BNG por preguntar no pleno sobre o cobro de taxas no complexo deportivo do Carregal advertindo de diferenzas entre o que cobra a concesionaria e o que prevé a ordenanza fiscal. O PSOE sostén que coa cuestión o BNG amosa a súa “obsesión”de ” sacar réditos políticos” ao “desinformar e enganar” á veciñanza empregando “datos erróneos”. Exixen aos nacionalsitas que antepoñan “os intereses dos veciños aos seus propios”.

Arremeteu tamén contra o BNG a propia concesionaria da piscina, publicando na súa conta do facebook a información sobre a iniciativa dos nacionalistas publicados en distintos xornais e mais un extracto da táboa de tarifas da empresa e mais a ordenanza fiscal. Aseguran que diante das “falsedades” reservan “adoptar las medidas legales oportunas”.

Advertisements