Miño, Paderne e Pontedeume piden outro taller de emprego conxunto

Miño acolleu onte a clausura do taller de emprego de atención sociosanitaria a domicilio e en institucións sociais dirixido a veciñanza de Miño, Pontedeume e Paderne que subvencionou a Xunta. A Consellería de Emprego investiu 180.000 euros neste taller de emprego de seis meses de duración no que obtiveron a titulación 9 veciños de Miño, 7 de Paderne e 4 de Pontedeume.

Ao acto de entrega de diplomas acudiron os alcaldes dos tres municipios, o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o xefe territorial da Consellería de Emprego, Isidoro Martínez.

Os alcaldes de Miño, Paderne e Pontedeume, Ricardo Sánchez, César Longo e Bernardo Fernández respectivamente, aproveitaron o acto para anunciar a solicitude doutro taller conxunto en atención sociosanitaria cunha subvención de 279.339 euros.

Advertisements