Josefa Sánchez Quindimil gaña o premio da XVIII Feira do Queixo de Abegondo

A XVIII Feira do Queixo de Abegondo celebrouse onte coa cata que supuxo a entrega de premios aos tres mellores produtos presentados á convocatoria. Resultou gañadora a queixeira Josefa Sánchez Quindimil, segundo o criterio dospropios asistentes á feira, que fixeron de xurado e votaron ao que crían como mellor queixo tras catarlos. Tras as votaciónss o alcalde entregou diplomas e flores ás tres primeiras clasificadas.

Advertisements