O Betanzos cae ante un Arteixo superior

O Arteixo impúxose con autoridade ao Betanzos no municipal Ponte dos Brozos. Os locais demostraron que foron polo partido desde o inicio, abrindo o marcador cando non ían aínda quince minutos de xogo e controlando a pelota e administrando os tempos no seu favor desde o primeiro minuto. O Betanzos pouco puido facer,  e mesmo nun mal despexe permitiu aos arteixáns ampliar a vantaxe no terceiro tanto do partido, cara o remate do tempo regulamentario.

A vindeira xornada o Betanzos recibirá ao Atlético Escairón.

Advertisements