A depuradora de Gandarío ten un funcionamento deficiente un ano despois de enrtar en marcha

Vista aérea da praia de Gandarío

Augas de Galicia recoñeceu que a depuradora de Gandarío ten un funcionamento deficiente un ano despois de entrar en funcionamento. A capacidade en funcionamento da controvertida EDAR só chega a o 10% do caudal para o que foi deseñada, un volume tan baixo que pon en risco o funcionamento da planta de tratamento e fai ineficiente o sistema de depuración. O Concello cifra nun 15% os enganches realizados á planta de tratamento, cando se prevía ter 460 vivendas conectadas coa depuradora. Serían apenas 69 domicilios os conectados actualmente, unha cifra que o bipartito PSOE-En Marea desculpa porque as xestións para conectar unha casa coa rede de saneamento leva “solicitudes” que “levan o seu tempo”.

A Xunta acaba de facer pública a súa recomendación de non utilizar para o baño na vindeira tempada estival a praia de Gandarío, co que ningunha das praias bergondesas nas que a Xunta realiza analíticas sobre a calidade da auga é apta para o baño. Gandarío, con cámpings e albergue turístico, podería acusar un importante prexuízo económico. Porén, non hai grandes actuacións en materia de saneamento nas contas do bipartito PSOE-En Marea para reconducir a situación.

Augas de Galicia analizará a posibilidade de completar a rede de abastecemento en Vilasantar

A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co alcalde de Vilasantar, ao que lle trasladou o compromiso de estudar a capacidade de levar a rede de distribución municipal ás parroquias carentes deste servizo. Tamén se analizará a posibilidade definir unha área recreativa nunha parcela que na actualidade está en desuso.

 

Advertisements