A Deputación mellora a seguridade viaria das DP-0105 e DP-0101 por Betanzos, Bergondo e Abegondo

Estrada AC-161 ao seu paso por Castro

A Deputación da Coruña publicou a licitación, por un importe total de 242 242 euros, das obras de construción de tres sendas peonís nas estradas provinciales DP-0105 e DP-0101, ao seu paso polos términos municipais de Abegondo, Betanzos e Bergondo. En concreto, no municipio de Abegondo construiranse nas estradas provinciais DP-0101 en Bordel (Sarandós) e DP-0105 en O Pechado (Leiro), cun investimento previsto de 119 719,17 euros.

A Deputación licita tamén, por importe de 122 523 euros, as obras de construción dunha senda á beira da estrada provincial DP-0105, que enlace as beirarrúas xa existentes no lugar de Viuxa-Cortiñán. Os detalles dos proxectos poden consultarse no Perfil do Contratante. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o próximo 25 de abril no servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña.

Advertisements