O Consorcio non recollerá o lixo o Xoves Santo

O Consorcio das Mariñas anunciou as modificacións na recollida do lixo, que xestiona para os nove municipios que o compoñen, durante as xornadas festivas da Semana Santa. Así, o Xoves Santo non haberá servizo xeral, mentres que o venres 14 e o sábado 15 de abril o servizo de recolleita efectuarase da forma habitual. Este ano dispoñeranse cinco camións para reforzar a recollida nas zonas de maior afluencia turística. Ademais, is puntos limpos do Consorcio permanecerán pechados tanto o xoves como o venres ao ser días festivos.

Advertisements