O PP critica o estado das beirarrúas da avenida de Castela

Entronque da rúa Venezuela coa avenida de Castela. Foto de Google Maps

O PP anunciou que levará a pleno os problemas que ocasionan os bordos dos alcorques das árbores na avenida Castela. Sosteñen que a súa existencia impide o paso a persoas con discapacidade e critican, ademais, o estado en que se atopan a media ducia de magnolios que poboan a vía. Advirten que é unha das entradas á cidade e ofrece un estado de abandono para os visitantes.

O PP asegura que “desde que o PSOE chegou ao Goberno municipal” non hai avances en accesibilidade e lembran .que “no mandato popular Betanzos chegou a ser premiado por actuacións en accesibilidade”. Exixirán así melloras nas beirarrúas da avenida de Castela.

Advertisements