O V Trail Terras do Mandeo arrancará no Campo o 10 de xuño

As fragas do Mandeo

Con tres variantes: longo (desnivel de 2 km acumulado e 30 de percorrido), curto (14 km cun desnivel acumulado de 860 metros) e andaina (de oito km e douscentos metros de desnivel acumulado) o quinto Trail do Mandeo partirá da praza do Campo o vindeiro 10 de xuño. Non se permite a participación de menores de 14 anos na Andaina, e os menores de Idade deberán ir acompañados dun adulto ou titor legal, que deberá estar inscrito tamén á proba.

Os dorsais entregaranse a véspera nas oficinas de ACEBE nas Esolas do Asilo e o propio día 10 nunha carpa no Campo. Para retiralos, a persoa inscrita deberá presentar o seu DNI e para ter o dorsal deberá inscribirse na plataforma dixital habilitada pola organización. O Concello de Betanzos poñerá a disposición dos participantes un servizo de duchas no Pabellón CEIP Francisco Vales Villamarín.

Advertisements