Un ciclo de marchas sendeiristas recorrerá o Camiño Inglés

O albergue está na confluencia das rúas da Pescadería e os Ferreiros

O Concello de Betanzos programa cinco rutas de senderismo a realizar os domingos 7, 14 e 21 do maio e o 4 e 11 de xuño por tramos do Camiño Inglés. A actividade é gratuita e os interesados poden inscribirse no departamento de Deportes, na oficina de turismo ou a través do teléfono 981 776 666. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscripción.

O Concello organiza cinco etapas e as persoas que cubran a totalidade terán dereito á Compostela. A primeira etapa discorrerá entre Ferrol e Pontedeume. Trátase dun percorrido de baixa dificultade duns 20 quilómetros e unha duración aproximada de cinco horas. A segunda discorre entre Pontedeume e Betanzos e conta doutros 20 quilómetros. A terceira iría de Betanzos e Bruma, dispón de 28 quilómetros e unha duración estimada de oito horas. A cuarta transcorre entre Bruma e Sigüeiro, conta de 24 quilómetros. E a quinta e última discorre entre Sigüeiro e Santiago, dispón de 17 quilómetros e unha duración aproximada de catro horas.

Advertisements