Rescatan unha excursionista en Chelo e socorren un motorista en Mño

Imaxe de Chelo

Unha muller que facía sendeirismo polo Mandeo no lugar de Chelo precisou de socorro médico tras sufrir unha caída nun camiño ubicado no Concello de Paderne. A  Central de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou que foi unha das persoas que acompañaban á ferida quen alertou aos servizos de urxencia sobre as dús e media da tarde, que desprazaron á zona  aos bombeiros de Betanzos e a efectivos de Protección Civil e da Garda Civil.

Tras localizar a zona na que se atopaban os excursionistas grazas ás coordenadas enviadas por un dos seus acompañantes, os efectivos procederon ao rescate. Segundo informa o 112, a muller tivo que ser trasladada polos servizos de urxencia varios quilómetros ata o punto onde esperaba unha ambulancia que, finalmente, trasladouna ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Por outra banda, un motorista resultou ferido en Miño tras batir cun vehículo.  O seu estado non revestía gravidade, segundo os datos facilitados ao 112. O sinistro produciuse nunha recta da N-651 á altura de Leiro. O 112 recibiu un aviso de Urxencias Médicas ás 14.00 horas e alertou aos bombeiros de Betanzos, Protección Civil e Garda Civil.

Advertisements