Deteñen a un home por ir en direción contraria e ebrio pola AP-9

A peaxe de Macenda, en Piadela

Na madrugada do pasado venres a Garda Civil interceptou, á altura de Miño, a un home que circulaba en sentido contrario e en estado de ebriedade pola autoestrada. Nestas circunstancias percorreu un total de 13 quilómetros, ata que ao sometelo a unha proba de alcoholemia, o condutor deu positivo cunha taxa superior a 0,60 miligramos de alcol por litro de aire espirado, máis do dobre da máxima legal de 0,25 miligramos. A Garda Civil informou onte a través dun comunicado que xa puxo en coñecemento do caso ás autoridades xudiciais. O home podería ser acusado de condución temeraria baixo efectos das bebidas alcólicas.

Advertisements