O convenio colectivo do Concello publícase e entra en vigor

A casa sindical ao pouco de ser construída.

O convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Betanzos foi publicado por orde da Xunta o pasado día 6 de marzo. Con este paso, é xa oficial o texto do acordo entre persoal e Concello e só falta que o goberno local presente un orzamento cos cartos suficientes para facelo efectivo, un dos motivos que levou aos sindicatos a recorrer as contas do pasado ano, pactadas por PSOE, BN e BeC, e que non contemplaban as contías precisas para executar este acordo.

O convenio contou co apoio da asemblea de traballadores do Concello e o respaldo e impulso da CIG, central maioritaria no comité de empresa. A outra forza representada, a UGT, posicionouse contra o convenio e mesmo chegou a votar en contra, rectificando posteriormente.

Advertisements