O goberno de Miño nega que exista o verquido que o BNG denunciou con fotos

Imaxe do vertido. Fotografía remitida polo BNG

O goberno municipal de Miño negou que houbese unha fuga da rede de saneamento en Anismonde, como denunciou o BNG os pasados días mesmo aportando fotografías do verquido. O goberno local de MPA e PP replicou onte reproducindo un comunicado da concesionaria do servizo, Espina y Delfín, negando que o aliviadoiro de Ansimonde derramase augas negras pola beira dun camiño.

“Non é certo que se producise un vertido” sistén o executivo, que sinala que Espina y Delfín destacou que todas as estacións de bombeo de residuais son inspeccionadas periodicamente e que a de Ansimonde ten un sistema que avisa por SMS en tempo real de calquera incidencia.

Advertisements