O xulgado saca a poxa 56 vivendas en Costa Miño Golf

Unha vista de Costa Miño Golf

O xulgado de Betanzos sacou a poxa por máis de catro millóns de euros un total de 56 vivendas da urbanización Costa Miño Golf para saldar unha débeda de 1,9 millóns co Banco Bilbao Vizcaya Argentaria. A poxa divídese en tres lotes, dous deles de vinte vivendas cada un e un terceiro de 16. O valor de poxa do primeiro lote,é de 1,5 millóns. O segundo grupo, formado por 16 casas, sairá a poxa por 1,2 millóns. O terceiro, de vinte pareados, por 1,5 millóns.

A poxa, que xa está a aberta, concluirá, salvo cambios de última hora, o vindeiro xoves 20 de abril. O xulgado poxa tamén unha parcela de 16 000 metros cadrados por 1,1 millóns.

Advertisements