Falecen dúas persoas nun accidente en Curtis

Os dous ocupantes dunha furgoneta faleceron onte ao invadir o carril contrario na estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Curtis e chocar contra un camión que transportaba madeira. Os falecidos son un home de 67 anos e iniciais J.L.R.V. e unha muller de 59 anos, M.J.D.M, ambos veciños de Oza-Cesuras, da parroquia de Rodeiro.

O sinistro rexistrouse ás 11.20 horas no punto kilométrico 659, á altura de Teixeiro. A consecuencia do impacto, resultou tamén ferido o condutor do camión, que tivo que ser atendido por feridas leves, pero que non chegou a ser trasladado ao centro médico.  O accidente rexistrouse preto dunha estación de servizo e os axentes sospeitan que o choque puido deberse a un despiste do condutor da furgoneta ao incorporarse á estrada, aínda que de momento son só conxecturas. Un equipo de ateigados da Coruña instrúe as dilixencias tras poñer os feitos en coñecemento do xulgado de garda de Betanzos.

Advertisements