Miño asina un acordo coa Igrexa para facerse cargo do parque infantil de Bañobre

O Concello de Miño

O pleno de Miño deu onte luz verde por unanimidade á cesión de uso en precario do terreo no que se asenta o parque infantil de Bañobre, construído hai anos en chan propiedade da congregación relixiosa Fillas de María Inmaculada. Tras reformar este espazo o goberno local subscribiu agora un acordo coa congregación para a cesión do uso temporal e gratuito dos terreos polo prazo de 35 anos. O Concello asumirá o custo do mantemento do parque infantil e da zona obxecto de cesión, que ocupa unha superficie de 310 metros cadrados.

O PSOE aproveitou para pedir ao Concello que negocie con Adif para recuperar o edificio da estación para uso veciñal.

Advertisements