Abegondo acolle unha xuntanza de alcaldes para cobrarlle o IBI á AP9

A peaxe de Macenda, en Piadela

Vinte alcaldes de concellos polos que discorre a AP-9 reuniranse hoxe en Abegondo para pelexar polo cobro íntegro do Imposto de Bens Inmuebles (IBI) da autoestrada, que goza dunha exención do 95% deste imposto, aprobada no réxime franquista. Os alcaldes manterán unha xuntanza coa consultora que axudou ao Concello de Arteixo a gañar varios preitos ás compañías eléctricas, a quen reclamou que pagasen polo uso do dominio público local coas súas instalacións.

O obxectivo da reunión é “loitar pola supresión da actual exención do 95% do IBI á concesionaria” da autopista, Audasa, “o que supoñería un ingreso anual cuantioso para os concellos”, sinala nun comunicado de prensa o goberno local de Abegondo, que cifra nuns 595 000 euros anuais o incremento no IBI, en lugar dos 29 700 euros que ven recibindo ata agora ao aplicarse a exención do IBI do 95%.

A iniciativa chega logo de que Audasa reclame unha suba de tarifas tras cinco anos consecutivos incrementando beneficios e logo de que o Ministerio de Fomento vetase o debate no Congreso dunha proposición de lei elaborada de xeito unánime polo Parlamento de Galicia a iniciativa do BNG para transferir a vía de alta capacidade á Xunta. Os nacionalistas presentaron recentemente catro propostas para frear os abusos da concesionaria:

Advertisements