Falece un octoxenario atrapado no seu tractor sinistrado en Quintelo, Oza-Cesuras

O Concello de Oza dos Ríos

Un home de 84 anos e iniciais S.C.V., faleceu onte no lugar de Quintelo, en Oza-Cesuras, despois de que a perna dereita quedase atrapada baixo a roda do seu tractor mentres araba un terreo. O vehículo envorcou pouco antes da unha e media da tarde, cando foi alertado o 112. O servizo de emerxencias alertou aos bombeiros do parque comarcal de Betanzos, un helicóptero sanitario do 061 e persoal sanitario do centro de saúde de Oza-Cesuras. Á zona acudiu tamén a Garda Civil e unha ambulancia asistencial.

A hipótese que se baralla é que o home queda seatrapado ao baixarse do tractor e moverse este. Os bombeiros instalaron coxíns neumáticos para poder levantar o tractor, de pequeno tamaño pero o home xa morreu no lugar a causa do grave impacto na perna.

Advertisements