Oza dos Ríos celebra un mercado os sábados diante do Concello

O mercado celébrase na praza do Concello de Oza dos Ríos

O Concello de Oza-Cesuras e a a Asociación Promesa Xitana chegaron a un acordo para celebrar un mercado na praza do Concello de Oza, en Lois, todos os sábados pola mañá, de 08.00 a 14.00 horas. Ofrece postos de roupa, calzado, complementos e ferramentas, ademais dun posto de churros. Coa iniciativa o executivo local  busca dinamizar a economía local.

Advertisements