Dous lumes calcinan 70 hectáreas de monte en Cis e Vizoño

Parque comarcal de bombeiros de Betanzos. Estes bombeiros non extinguen incendios forestais

Ás once da noite do pasado venres quedou á fin extinguido o incendio rexistrado ese mesmo día ás 2,09 horas na parroquia de Cis, en Oza dos Río. Segundo as últimas estimacións, afectou a 30 hectáreas de monte raso e para extinguilo foron necesarios catro axentes, 13 brigadas, nove motobombas, dúas palas e dous helicópteros.

Outro lume afectou, desde o pasado xoves, a 39 hectáreas en Vizoño, Abegondo. O lume consumiu, antes de ser definitivamente extinguido contra as oito da tarde do xoves, 31 hectáreas de arbolado e oito de monte raso. Nas tarefas para apagalo participaron  10 axentes, nove brigadas, cinco motobombas, tres palas e un helicóptero.
o incendio declarado o xoves ás 17,49 horas en Abegondo, parroquia de Vizoño, quedou extinguido ás 20,10 horas.

O alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González Cacheiro (PP), emitiu un comunicado reclamando a colaboración e implicación dos corpos de seguridade do Estado e Galicia para extremar as medidas de control e evitar a proliferación de incendios forestais, despois de que en menos de 24 horas houbese dous lumes no término municipal. O rexedor prometeu en numerosas ocasións a instalación dunha planta de biomasa de ENCE e modificou varias normas municipais para promover a plantación de eucaliptos, que contribúen á propagación e virulencia dos incendios forestais.

Advertisements