O Escairón leva tres puntos pola mínima na súa visita ao García Irmáns

Un solitario gol de penalti no 52 deu a victoria ao Escairón no García Irmáns. O partido comezou sen ocasións claras na primeira metade e cos dous equipos cheos de imprecisións canto máis se aproximaban á área rival. A segunda parte foi algo máis movida. A pena máxima tras sete minutos de xogo obrigou aos betanceiros a subir liñas e arriscar máis, creando máis ocasións de perigo. O erro no tiro e o porteiro lucense fixeron que non se restablecese a igualada

A vindeira xornada o Betanzos desprázase a Noia a medirse ao líder, que ven de perder ante o Paiosaco

Advertisements