A APLU asume a disciplina urbanística de Coirós

Fachada do Concello de Coirós

O Concello de Coirós e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio subscribiron un convenio para que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), asuma a partir de agora as competencias municipais sobre inspección urbanística no municipio. A APLU encargarase de actuar nos casos de obras e usos do solo realizados son licenza urbanística ou que non se axusten ás condicións fixadas, tramitará expedientes de reposición da legalidade e impoñerá sancións aos infractores.

Miño é outro concello da comarca que ten cedidas á APLU as súas competencias neste eido. O urbanismo na vila do Baxoi ten provocado que o Concello teña que asumir pagos millonarios que o avocan a un plan de viabilidade, con recortes e subas de tributos, que o goberno local se resiste a aprobar.

Advertisements