Bergondo modificará o tráfico en Babío cunha rotonda e cinco pasos de peóns

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

Un proxecto de 144 000 euros pretende mellorar a seguridade viaria en Santa Marta de Babío mediante a construción dunha rotonda e a colocación de cinco novos pasos de peóns. O proxecto, que deberá ser aprobado polo pleno e se financiará cun modificativo do orzamento, prevé pasos de peóns tanto na N-VI como na estrada a Guísamo, a supresión do acceso ao centro social no cruzamento coa estrada de Guísamo e a construción dunha rotonda que regulará o tráfico cara a Rois e Bergondo e que obrigará aos condutores a reducir a velocidade.

O financiamento sairá dun modificativo que PSOE e Anova- marca local de En Marea- pretenden aprobar para o orzamento pactado a finais do pasado ano por importe de 569 000 euros que será levado ao pleno municipal convocado para o xoves. Ademais do proxecto de Santa Marta de Babío. servirá para financiar dous plans de asfaltado de pistas: un para   camiños que teñen servizos pendentes ou que non sexan prioritarios, de 166 000 euros, e outro de mellora con aglomerado de camiños que xa dispoñen de servizos e que dan acceso a vivendas.

Advertisements