A Xunta amplía o prazo para pedir axudas ás PEMEs rurais para banda longa ultrarápida

Antenas de telefonía móbil no lugar da Lanza, na parroquia betanceira de Tiobre

A Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) amplía o prazo da primeira convocatoria de axudas dirixidas a empresas e autónomos situadas en zonas illadas do rural galego para a dotación do servizo de banda larga ultrarrápida. As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude ata o 11 de maio ampliándose así en tres semanas a data de peche estimada inicialmente.

Trátase dun programa de subvencións enmarcado no Plan Banda Larga, aprobado pola Xunta a finais do 2015, que conta cun orzamento de 500.000 euros e que se poderá ampliar ata un máximo de 1.000.000 euros, en función da demanda.

A contía de subvención será de ata un 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario. O IVE non será subvencionable, así como tampouco o será a tarifa mensual do servizo contratado de 30Mbpps ou máis que deberá asumir á empresa ou autónomo que solicite a axuda. Os requisitos serán no dispoñer de cobertura de internet de, cando menos, 30 Mbps a e manter a alta do servizo contratado inicialmente durante un ano.

Advertisements