O bipartito bergondés forza a 40 vivendas a enganchar á rede de saneamento

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

O executivo local de Bergondo enviou unha carta a uns corenta propietarios de vivendas do municipio para darlles un prazo de 15 días para tramitar a acometida á rede de saneamento. O bipartito PSOE-En Marea advirte de no suposto de non obedecer este requerimento, executará a conexión de forma subsidiaria, xirando o custo aos propietarios. Ademais, aprobou o padrón fiscal para cobrar a taxa de saneamento, empezando hoxe o período voluntario de pago, que se estenderá dous meses.

O goberno local enviou un comunicado para informar deste requerimento, coincidindo con senllas notas de PP e VB nas que as dúas formacións de dereitas acusaban ao goberno local de que os núcleos de Lubre e Ouces poidan conectarse á rede de saneamento por non ter as acometidas. O bipartito PSOE-En Marea negou este extremo e acusa á oposición de “intoxicar”.

O requerimento para incorporar unhas corenta vivendas á rede de saneamento chega logo de constatarse que a depuradora de Gandarío funciona deficientemente a causa da escasa cobertura que presta. Augas de Galicia pedía incrementar o caudal de augas negras que trata a planta.

Advertisements