Resolto o VIII Concurso de carteis das Letras Galegas con Martín Montero como gañador

Martín Montero Basteiro, de 6.º D do CEIP Francisco Vales Villamarín foi o gañador este ano da VIII edición do Concurso de carteis das Letras Galegas. O deseño do cartel representa a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Ademais, o xurado, composto por representantes dos centros de ensino participantes, tamén decidiu outorgar dous accésits aos traballos Claudia Villares Barros e Lucía Marino Vecino García de 2.º E do CEIP Francisco Vales Villamarín e Macarena Barcia e María José García do Centro Pai Menni.

A entrega dos premios realizarase o vindeiro 16 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto coa entrega dos premios do VII Concurso de creación literaria cuxo prazo está aberto ata o vindeiro 8 de maio.  O cartel gañador do Concurso de carteis ilustrará o Programa das Letras Galegas 2017 do Concello de Betanzos que sairá do prelo os vindeiros días.

Advertisements