Este sábado haberá unha xuntanza moteira no Campo

O Motoclub de Betanzos coa colaboración do Concello de Betanzos organiza a II Xuntanza moteira. Durante o sábado 29 de abril na praza dos Irmáns García Naveira se desenvolverá un amplo programa de actividades.

09:30 h Apertura e inscrición

10:30 h Saída da ruta á comarca e petiscada de rúa

14:00 h Chegada e comida de irmandade

17:00 h Exhibición de Minimotos e PitBikes

20:00 h Festa con Frank Fairlane e Rottentown

21:30 h Cea

22:30 h Grupo de rock Colorado

02:00 h Fin de festa

A atleta Mónica Granero, campioa galega de maratón será a encargada de cortar a cinta que iniciará a ruta á comarca. O Motoclub Betanzos pretende que este evento se consolide como referente turístico e deportivo en Betanzos con carácter anual.

Advertisements