O goberno local viaxa a Bullas, Murcia, para a inauguracion dun paseo

O paseo que conecta o Xuncaliño coa Eira Vella oficialmente denomínase Paseo de Bullas

O goberno local anunciou que unha delegación municipal participará en Bullas na inauguración dun xardín que leva o nome da nosa cidade, e que devolve a homenaxe realizada ao poñer o nome da localidade murciana coa que Betanzos está irmandada ao paseo que vai entre a Eira Vella e o Xuncaliño. O comunicado remitido polo executivo local asegura que a delegación estará composta por “representantes da Corporación Municipal-sen aclarar se son só do PSOE ou doutros grupos- e alumnado e profesorado da Escola Municipal de Folclore”.

“Durante a fin de semana desenvolveranse diversos actos con motivo das festas de San Marcos do Concello de Bullas, concretamente o sábado 29 ás 17:30 h celebrarase o XXXV Festival Nacional de Folclore Vila de Bullas no que participará a Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos” explica o comunicado remitido polo goberno local. “A visita da Escola Municipal de Folclore enmárcase nun intercambio cultural coa Peña “La Uva” que visitará Betanzos o próximo verán en datas aínda por concretar”, probablemente durante as festas patronais.

Advertisements