O Betanzos empata co Noia, que ascende a Terceira

O Betanzos empatou a dous goles co Noia na súa visita ao líder da categoría nun encontro, a priori, complicado para os rojillos. O Noia é un equipo cun potencial superior e iniciou o encontro dominando, controlando a pelota e adiantándose no minuto 20. Dez minutos despois, os locais xa gañaban por dous a cero tras marcar un penalti.

Os betanceiros aguantaron o tipo e conseguiron recurtar distancias nunha contra, tras un saque de falta. De aí ao final do primeiro tempo os brigantinos amosaron unha intensidade de xogo que amosaba que ían polo empate, que se resistía e que a zaga local cortaba.

Tras o pase polo vestiario o encontro enfriouse, como lle conviña ao conxunto local. Mais o Betanzos conseguiu darlle a volta ao marcador a falta de dous minutos do tempo regulamentario, restablecendo as táboas, pero a dous tantos.

O resultado permite ao Noia seguir de líder e sumar os puntos precisos para ascender matematicamente a Terceira. O Betanzos suma un punto e marcha de trece.

Advertisements