Presentan a plataforma contra a subestación de Abegondo

A Plataforma Non Liña de Alta Tensión nas Mariñas chamou o pasado sábado a unha “gran movilización” para “frear” o proxecto de Rede Eléctrica que prevé a construción dunha nova subestación en Abegondo e unha liña de 29 quilómetros de lonxitude, que pasará polos concellos de Abegondo, Carral, Culleredo, Arteixo, Cerceda e A Coruña. A entidade, integrada por veciños particulares afectados, asociacións como Adega e representantes de partidos como o BNG, apela tamén á Xunta para garantir o cumprimento das Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e velar polo cumprimento da normativa nos espazos protexidos da contorna da liña proxectada,

A plataforma pretende realizar unha ruta de charlas informativas polo trazado proxectado para a liña. Polo momento, o BNG xa presentou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia demandando á Xunta que free a instalación da liña nos espazos protexidos. Os nacionalistas enviaron unha folla informativa a todas as vivendas de Abegondo explicando a incidencia deste proxecto.

Advertisements