Biblos inaugura a mostra “Imago Mundi” e presenta o venres Bibliópatas e fobólogos”

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

A Libraría Biblos inaugurou onte a exposición de gravados de Federica Bau e Alba Lorente, alumnas do máster internacional da Fundación CIEC, que leva por título “Imago Mundi”. A mostra pode visitarse no salón de actos da libraría, na rúa de Santiago.

Ademais, ese mesmo salón de actos acollerá tamén este venres a partir das oito do serán a presentación de “Bibliópatas e fobólogos”, da escritora Emma Pedreira. Estará acomopañada na presentación da xornalista Gemma Pardo e do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Advertisements