Cae parte do millo dun camión e dificulta o tránsito en Queirís

A N-VI pasa por diante do Concello de Coirós

O cruce de Queirís, na N-VI ao seu paso por Coirós, apareceu onte pola mañá sementado de millo. Debeuse a que un camión que circulaba pola vía perdeu parte da carga, caendo sobre a calzada co conseguinte prexuízo para a circulación. Os veciños alertaron ao 112 e operarios de mantemento de Fomento retiraron o cereal da calzada.

Advertisements