O Santo Domingo pecha a tempada cunha victoria en Ourense ante o COB

Por 71 a 82 o Santo Domingo impúxose na súa visita a Ourense para poñer o ramo á súa cuarta tempada en liga EBA, terminando a tempada con catro vitorias consecutivas. O Santo Domingo encaraba a última xornada de liga co obxectivo de alcanzar o sétimo posto, e terminar con catorce triunfos, ante un COB que pelexaba por defender o segundo posto, xa coa clasificación para o play-off de ascenso asegurada.

O encontro arrincaba con pouca intensidade defensiva en ambos conxuntos, anotánose con certa facilidade, e destacando o acerto desde o perímetro dos interiores do equipo betanceiro, con dous triplos de Oliver e un de Rozas (11-15 min 5). Os ourensáns, mermados na rotación ante a ausencia dos xogadores do conxunto júnior, cargaban o seu xogo na pintura, especialmente con Arriaga e Coado, mentres que o acerto exterior chegáballe tamén cun interior, Igrexas, que sumaba dous triplos. Os visitantes decaían na ofensiva, e vían como se ían ao final do primeiro cuarto cunha lixeira desventaxe (24-23 min 10).

No segundo cuarto melloraban as defensas, malia o cal o COB continuaba creando problemas ao Santo Domingo no xogo interior, con cortes a canastra e xogo de costas (33-29 min 15). Os betanceiros, pola súa banda, atopaban en Thiam ao seu referente ofensivo, destacando nuevamente a achega dos xogadores que saían desde o banquiño, para terminar volteando o marcador, índose a vestuarios por diante (39-40 min 20).

Tras o descanso, o conxunto de Diego Fernández saía moi concentrado, corrixindo os seus problemas defensivos co xogo preto de canastra, e deixando aos locais en só un punto durante case cinco minutos, que anotaban xusto ao comezo do terceiro periodo. O control do rebote defensivopor parte dos visitantes, ataques en transición liderados por Will e Pablo, e vantaxes xeradas en accións dun contra un, daban aos betanceiros unha importante renda tras un contundente parcial 0-13 (40-53 min 24). O equipo local non se viña abaixo e conseguía engancharse de novo ao partido tras un triplo de Valcarce. O Santo Domingo, pola súa banda, baixaba os seus prestaciones ofensivas, pero seguía dominando o marcador, acabando este parcial cunha renda de sete puntos (54-61 min 30).

No cuarto final, os betanceiros conseguían estabilizar a súa vantaxe en torno aos dez puntos, destacando nuevamente a achega do banquiño, con canastras de Escobar e Vidal. O alapívot betanceiro sumaba un triplo que poñía unha renda de doce puntos (59-71 min 35). Cristian Iglesias lideraba ao COB nos últimos minutos en busca da reacción, pero o Santo Domingo conseguía manter o control do partido e sempre unha renda importante, selando prácticamente o triunfo Thiam cunha canastra e adicional (69-78 min 38). O acerto de Pablo desde o tiro libre frustraba calquera intento dos locais de achegarse no electrónico nos segundos finais, acabando o partido con triunfo para o Santo Domingo (71-82 min 40).

Remata a liga co Santo Domingo Betanzos no sétimo posto do grupo AB da Liga EBA, cun balance de 14 vitorias e 12 derrotas, superando na última xornada ao Baloncesto Narón, e quedándose a un triunfo do Residencia Las Encinas de Ponferrada. A isto, hai que unir que o equipo sumou o pasado mes de setembro a Copa Galicia da categoría.

Advertisements