Piden tres anos de prisión para os administradores dunha adega por falsear contas

Patio interior dos xulgados betanceiros

A Audiencia Provincial da Coruña celebra onte e hoxe o xuízo contra os administradores dunha empresa de Betanzos acusados de falsear as contas anuais e de prexudicar con iso a un terceiro socio, que aceptou entrar na ampliación de capital da sociedade, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A Fiscalía pide que sexan condenados a tres anos de prisión e multa, ademais da indemnizar ao prexudicado.

En concreto, os acusados, sen antecedentes penais, entre os anos 1999 e 2003, foron administradores da entidade Adegas V. SL, anteriormente denominada Viños do N. SL, domiciliada en Betanzos. Esta empresa tiña como obxecto social as actividades relacionadas coa produción, tratamento, crianza, embotellamento e comercialización de viños, licores, augas, produtos lácteos, aceites, vinagres e outros produtos relacionados coa alimentación e bebidas.

O escrito de calificación do Ministerio Público sostén que ambos acusados, postos de común acordo, redactaron as contas anuais da mercantil, correspondente aos exercicios 1998, 1999, 2000 e 2001 e “maquillaron as perdas reais, substituíndoas por beneficios ficticios”.

Advertisements