Comezan as xornadas de portas abertas do Museo das Mariñas

Entrada ao Museo das Mariñas, no complexo cultural Santo Domingo

Durante todo este mes o Museo das Mariñas manterá as xornadas de portas abertas con motivo da programación cultural do Día das Letras Galegas. Ata o 31 de maio, de 10 a 13 e de 16 a 20 h entre semana e de 10:30 a 13:00 os sábados o museo permanecerá aberto e con entrada gratuíta. Esta sábado, ás 11, será obxecto dunha visita guiada “Museo das Mariñas”, con punto de reunión no mesmo Museo. Para máis información e inscricións na propia Oficina de Turismo.

A axenda cultural da fin de semana arrinca antes. Este serán, ás oito e media, ábrese a exposición de obra gráfica composta de xilografías e collages do artista José Valentín titulada “Encontros comigo mesmo”, que correrá por conta da profesora de filoloxía grega da Universidade de Santiago de Compostela María Teresa Amado.

Ás dez e media da noite o Café Lanzós programa un concerto de Delaostia, con versións de temas desde os sesenta ata os noventa. Ao outro lado da praza. ás oito do serán a Libraría Biblos presenta “Bibliópatas e fobólogos”, de Emma Pedreira, co director de Galaxia, Francisco Castro.

O sábado ás 20:00 h na Aula de Cultura do Edificio Arquivo, terá lugar o concerto titulado “A música da túa vida”, por conta da Coral Polifónica El Eco, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Entrada de balde ata completar aforo.

E o domingo, no mesmo escenario pero desde as seis da tarde, terá lugar o espectáculo de teatro infantil titulado “O segredo do tendal” por conta da contadora Raquel Queizás dentro do programa Cultura no Camiño 2017, coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic e co patrocinio de Gadis. Entrada de balde ata completar aforo.

Ademais, poden visitarse estas mostras:

  • Exposición “Semana Santa de Betanzos 2017” na que se amosarán aquelas fotografías que se presenten ao concurso convocado ao efecto pola Confraría de Semana Santa de Betanzos xunto coas instantáneas da mesma temática de diversos profesionais
  • Do 5 ao 28, na entrada da Sala de Exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo, en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados.
    Exposición de obra gráfica titulada “Encontros comigo mesmo”
  • Do 5 ao 28, terá lugar na Sala de Exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo a exposición de obra gráfica composta de xilografías e collages do artista betanceiro José Valentín titulada “Encontros comigo mesmo” en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados.

 

Advertisements