Curtis celebra unha poxa de frisonas de elite

Unha rubia galega na comarca betanceira

Curtis celebrou onte a Primeira Poxa de Gando Frisón de Élite, con reses pertencentes ás mellores estirpes desta raza, como as as Fools Gold Rede, Starbuck Ada ou Megate. A poxa foi organizada por Embriomarket en colaboración co Concello de Curtis.

Máis de 300 persoas déronse cita nesta primeira poxa na que se venderon os 12 animais que saíron a concurso (11 procedentes da gandería Sat A Campa e un de Alfa Holstein) a un prezo medio de 2.466 euros. Os animais foron adquiridos por gandeiros ,principalmente da provincia da Coruña, pero tamén de Lugo e de Pontevedra, así como un de Asturias. O volume global das transaciones ascendeu a 29.600 euros.

Advertisements