O Betanzos vence comodamente ao Sofán

O Betanzos impúxose dunha maneira comoda ao Sofán na súa visita ao García Irmáns. Os carballeses foron moi conformistas desde o inicio, probablemente debido a que nada se xogaban a estas alturas do campionato, e os betanceiros foron a por todas, controlando o partido. Así, cando quedaba un suspiro para cumprirse o tempo regulamentario e pasar por vestiarios, Sergio marcaba o primeiro tanto do conxunto local.

Tras a reanudación os visitantes buscaron máis intensidade no xogo cunha serie de cambios, pero sen abandonar a relaxación con que saltaron ao verde no inicio. O colexiado expulsou ao local Andrés no 61 e aínda tivo que poñer fóra aos dez minutos ao visitante Quintela. Con dez xogadores cada conxunto, o marcador aínda pegou outro salto a dez minutos dos noventa, cando Álvaro marcou o definitivo dous a cero.

Advertisements