A concesionaria tivo que clausurar un verquido provinte da rede municipal de saneamento

Avenida Jesús García Naveira á saída da ponte das Cascas

Con excesiva frecuencia se producen ultimamente verquidos aos ríos ao seu paso pola nosa cidade, ben desde instalacións industriais como o pasado Nadal ou ben desde o casco urbano. En ocasións, mesmo proveñen da propia rede municipal de saneamento, que estaría así a cumplir unha finalidade diametralmente distinta á que debera.

Viaqua- a antiga Aquagest-, concesionaria do saneamento betanceiro, anunciou que reparou o pasado luns a tubería que causaba un verquido de augas residuais ao río Mendo aos seu paso polas Cascas. Explican que aproveitaron as condicións favorables da marea para substituír un tramo da impulsión da estación de bombeo ubicada nas inmediacións da ponte das Cascas para reparar a tubería. Engaden que esta actuación deberá completarse cun trazado alternativo para esta tubería, que discorre en paralelo ao cauce do río e o chega a cruzar a uns metros da ponte das Cascas polo leito do río, para o que se poñerán en contacto co goberno local.

O BNG leva tempo denunciando estes verquidos ao río nos plenos, mentres que o goberno local eludiu a súa responsabilidade no tema ata agora.

Advertisements