Cruz Vermella prestará servizos sociais básicos en dez concellos da comarca

Sede da cruz vermella en Betanzos

Representantes de Cruz Vermella Betanzos asinaron onte un acordo de colaboración con dez municipios da comarca para prestar servizos sociais básicos á poboación rural. As principais actividades que prestará Cruz Vermella Betanzos de luns a venres terán que ver co acompañamiento e a prestación de servizos sociais básicos co obxectivo de satisfacer as necesidades dos veciños pertencentes ao colectivo de persoas con diversidad funcional e en exclusión social de cada un dos municipios. Para iso os concellos comprométense a canalizar á ONG as necesidades dos seus veciños a través dos departamentos de Servizos Sociais e a facilitar as relacións coas Anpas, asociacións, centros educativos e demais axentes sociais.

A entidade tamén levará a cabo outras actividades de carácter puntual como as coberturas en actos ou espectáculos públicos de diferente natureza, a realización de charlas de formación ou a recolleita e distribución de alimentos e xoguetes. O convenio afecta aos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos- onde xa conta con outros dous convenios, un para xestionar o programa de reforzo de alimentos municipal e outro de financiamento básico da súa actividade, ademais da cesión de dous edificios municipais para as súas actividades-, Curtis, Irixoa, Miño, Paderne, Coirós e Oza-Cesuras.

Advertisements